Á Autoridade Portuaria de Vigo que ten nos súas mans uns dos maiores complexos loxísticos e empresariais de Europa chego con entusiasmo, espírito de equipo e disposición permanente ao acordo. Sen perder nin un minuto máis é fundamental tomar decisións sempre respectuosas co Medio Ambiente e coa gran riqueza da nosa Ría. Decisións firmes coa convicción de que é necesario abordar as obras para mellorar e optimizar a operatividade do Porto de Vigo, así como abordar as obras necesarias na Plataforma Loxística de Salvaterra - As Neves.
Pero o Porto debe dispor con urxencia dos documentos que fixa a Lei como instrumentos básicos para afrontar o seu desenvolvemento futuro. O plan de Utilización de Espazos Portuarios e o Plan Director de Infraestructuras deben tramitarse e aprobarse no menor tempo posible.
Estes plans nacen cun amplo consenso e cun frutífero traballo da maioría da Comunidade Portuaria e coa habilidade, por parte dos seus redactores, de incorporar todas as sensibilidades políticas, pero é necesario que no equilibrio que debe de gardarse non nos esquezamos do que foron as nosas orixes. E refírome á Pesca.
Propóñome, por iso, aproveitalos para avanzar na elaboración do Plan Especial do Porto, peza crave para o noso desenvolvemento, e instrumento decisivo para conciliar armónicamente porto, cidade e área metropolitana.
De glorias pasadas non se vive. Xa que logo debemos ampliar e ordenar espazos, mellorar os peiraos comerciais, a terminal ro-ro, os peiraos pesqueiros, o de transatlánticos, impulsar a plataforma loxística e pór en marcha a autoestrada do mar, para iso necesitamos novas infraestruturas.
O Porto é a memoria viva da nosa cidade. Pero non abonda con que sexa memoria, queremos que sexa futuro; queremos que se converta de novo na proa do desenvolvemento da nosa área metropolitana. Para lograr ese fin tendo a man a todos: ao Goberno da Xunta de Galicia e ao Goberno de España; ao Concello de Vigo e á Zona Franca; aos usuarios e empresas do porto, aos traballadores e aos vigueses.
Dña. Corina Porro Martínez
Presidenta da Autoridade Portuaria de Vigo